Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 53 % dos condutores non respectan os límites de velocidade a hora de adiantar

O 53 % dos condutores non respectan os límites de velocidade a hora de adiantar

No 2022 eliminaronse os 20 kms/h adicionais para facer esta manobra

A medida permitiu reducir en máis dun 8 % o número de falecidos por adiantamentos

G24.gal 18/09/2024 14:38

Adiantamos respectando os límites de velocidade ou seguimos botando man deses 20 quilómetros de marxe que se permitían antes da entrada en vigor da nova norma?

"Eu si a respecto", di unha condutora; outro asegura que procura respectala, mentres que outro mozo recoñece que "hai días que si, outros vou máis apurado".

Un estudo recente revela que a medida ten pouco apoio e que o 53 % dos condutores recoñecen que superan os límites de velocidade cando adiantan.

"A verdade é que si, encima agora nos coches vas a 100 e non te decatas", di un mozo; outro asegura que "cando te ves apurado tes que superar o limite porque se non o fas tes que frear e ao mellor xa non podes volver o teu carril".

Os que a respectan deixaron de adiantar. Desde que entrou en vigor o número de accidentes con vítimas descendeu un 6 por cento, e o número de falecidos máis dun 8 por cento.

Os adiantamentos seguen sendo unha das manobras máis arriscadas ao volante e a terceira causa de accidente mortal en vías convencionais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade