O 80 % das enfermidades cardiovasculares pódense previr cun estilo de vida saudable
O 80 % das enfermidades cardiovasculares pódense previr cun estilo de vida saudable
Pode influír a xenética e a idade, pero na maioría dos casos os factores de risco son modificables
Cada segundo e medio morre unha persoa por esta doenza
As enfermidades cardiovasculares son unha ameaza de saúde global, a primeira causa de morte no mundo. Cada segundo e medio morre unha persoa por esta doenza. E o máis importante, catro de cada cinco enfermos poderían previla simplemente cambiando o estilo de vida.
Galicia sitúase á cabeza de España nestas doenzas. O xefe do Servizo de Cardioloxía no CHUS, José Ramón González Juanatey defende que habería que "cambiar de falar de enfermidade a falar de saúde porque se hai unha área onde temos claro como promover saúde é nas enfermidades cardiovasculares. A mensaxe é que agora sabemos que o 80 % das enfermidades cardiovasculares prematuras. Sobre todo o infarto, que é a primeira causa de morte en varóns en Galicia. E o ictus, que é a primeira causa de morte en mulleres se pode previr".
Hai que controlar a hipertensión, o colesterol e a obesidade. Evitar a vida sedentaria e o tabaquismo. Pode influír a xenética e a idade, pero na maioría dos casos os factores de risco son modificables.
Ricardo Villaé Investigador no CIMUS-USC e destaca que "case todo está relacionado coa dieta. Hai poutros factores como o tabaco, o alcol ou o estrés". Mesmo recomenda "evitar na medida do posible a contaminación do aire".
Unha dieta saudable é esencial. O gran reto educar os nenos.
"Non abusar de comidas procesadas, de azucres ou bebidas enerxéticas. E logo facer exercicio, iso é moi importante. Abúsase moito das pantallas", mantén Ángel García, investigador no CIMUS-USC.
Canda os nenos, os especialistas cren que en Galicia hai que concentrar os esforzos nos niveis socioeconómicos máis desfavorecidos e nas mulleres, onde o impacto das enfermidades cardiovasculares é maior.