Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 80 % dos autónomos din que están igual ou peor ca hai un ano

O 80 % dos autónomos din que están igual ou peor ca hai un ano

Só un de cada cinco autónomos factura máis este ano que en 2022

Son datos do último barómetro elaborado por ATA, a Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos

G24.gal 10/04/2023 14:27

A suba dos prezos e a escalada dos custos das materias primas poñen en risco a continuidade de moitos autónomos. É o caso de Purificación Fernández García, que este martes pecha o seu despacho de pan: "A suba das materias primas fixo que os provedores subiran os produtos. A xente non acepta que subas os prezos e ao non poder subilos para manter esa marxe... vai todo ao fracaso".

O 80 % dos traballadores por conta propia di estar igual ou peor que hai un ano.

Lorenzo Amor, presidente de ATA, na presentación do resultado do barómetro, explicou que "os autónomos a final de mes ganan igual ou menos que en 2022, os gastos disparáronse".

Eses gastos levaron a que case o 70 % dos autónomos aumentasen os seus prezos. A maioría dos que teñen empregados confían en mantelos.

"O que se ve nos salóns de peiteado, é unha persoa cun axudante, non xeramos emprego como facíamos antes. Agora non se pode contratar", explica Beatriz Grela, peiteadora autónoma.

Case a metade dos autónomos considera que a situación económica española é negativa.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade