Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 85% das doenzas cardiovasculares pódense evitar coa prevención

O 85% das doenzas cardiovasculares pódense evitar coa prevención

A dieta e o exercicio son as claves para reducir estas enfermidades

Cada hora morre un galego por problemas cardíacos e circulatorios

G24.gal 14/03/2023 19:05 Última actualización 14/03/2023 19:32

Galicia segue á cabeza de España en canto a mortalidade por doenzas cardiovasculares, que causan o 33% das mortes entre os galegos. Porén, o 85% das enfermidades cardíacas pódense evitar mediante o traballo de prevención. Facer exercicio pero, sobre todo, levar unha dieta saudable son as dúas claves.

A concienciación máis efectiva é a que se realiza nas consultas médicas. Por iso, campañas como esta serven para que, polo menos, os cidadáns saiban o que está na súa man para evitar as doenzas ou combater os seus efectos.

A pandemia levou a un aumento de ata o 20% da obesidade e o sobrepeso entre a poboación e especialmente nos cativos. O prezo dos alimentos tampouco axuda xa que os máis nocivos para o corazón son os máis baratos. 

Os especialistas lembran que a prevención hai que aplicala todo o ano e non só no seu día mundial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade