O 98 % dos fogares afectados pola DINA recupera a subministración eléctrica
O 98 % dos fogares afectados pola DINA recupera a subministración eléctrica
O presidente do Goberno avanzou que o 68 % das liñas de telefonía danadas están recuperadas
Habilitados xa todos os carrís da A-7 e da A-3 norte e os servizos de media e longa distancia ferroviaria entre Valencia, Castelló, Tarragona, Teruel e Barcelona
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, avanzou este martes que o 98 % dos fogares afectados pola DINA recuperaron a subministración eléctrica. Nunha conferencia de prensa tras o Consello de Ministros indicou ademais que tamén se recuperou o 68 % das liñas de telefonía danadas.
Polo que respecta ás infraestruturas de transporte, o presidente do Executivo explicou que se repararon 40 quilómetros de estradas e 74 quilómetros de vías férreas.
Neste sentido, habilitáronse todos os carrís da A-7 e da A-3 norte. Tamén se reactivou a media e longa distancia ferroviaria entre Valencia, Castelló, Tarragona, Teruel e Barcelona.