Publicador de contidos
Publicador de contidos

O acto das Letras Galegas será en Córgomo, vila natal de Florencio Delgado Gurriarán

O acto das Letras Galegas será en Córgomo, vila natal de Florencio Delgado Gurriarán

Con Gurriarán, a Academia rende homenaxe os galegos desterrados por causas políticas

A RAG lanza na súa web a sección ‘As Letras Galegas 2022’, para iniciativas propias e doutras institucións 

Publicaranse os episodios da serie de ‘Polos vieiros de Florencio’

G24.gal 07/02/2022 16:55

O acto central das Letras Galegas trasladarase este ano a Córgomo, na comarca de Valdeorras, de onde é orixinario o homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriarán.

Así o anunciaron o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, xunto ao biógrafo e representante da familia de Ricardo Gurriarán, e a directora do proxecto ‘As Letras de Florencio’, Débora Álvarez Moldes.

Entre as iniciativas que se van desenvolver para difundir a súa obra está a elaboración dunha escolma da súa correspondencia. Coa figura de Delgado Gurriarán a Academia rende homenaxe aos galegos desterrados por causas políticas. 

Actos e iniciativas para Florencio

A RAG xa lanzou na súa web a sección de ‘As Letras Galegas 2022’, que servirá de escaparate para iniciativas propias e doutras institucións.

Publicaranse os episodios da serie de microespazos ‘Polos vieiros de Florencio’, da que se estrenará cada semana un novo capítulo. Esta iniciativa permitirá ao público achegarse á vida e obra do autor da man de distintas voces.

A Academia tamén prepara unha serie audiovisual de cinco capítulos que dirixe e guioniza María Yáñez, para viaxar polas distintas personalidades de Florencio.

O 16 de mayo celebrarase en Córgomo unha recepción coa representación de todos os concellos da comarca e distintas asociacións culturais.

O 17 de mayo os discursos correrán a cargo dos académicos Ramón Villares, Rosario Álvarez e Xesús Alonso Montero.

En outono, terá lugar o Simposio das Letras Galegas, onde especialistas presentarán diversas investigacións sobre o autor.

Ademais, a RAG editará o discurso que Delgado Gurriarán deixou escrito para unha posible cerimonia con motivo do seu nomeamento como académico correspondente da institución, que non chegou a celebrarse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade