Publicador de contidos
Publicador de contidos

O acusado do crime do Birloque "tomou unha ou dúas cervexas no bar do fillo da vítima"

O acusado do crime do Birloque "tomou unha ou dúas cervexas no bar do fillo da vítima"

O avogado defensor quere demostrar que o reo estaba bébedo e drogado cando matou a Mónica

O luns prevese unha xornada dura, coa declaración da veciña que auxiliou o fillo e imaxes da vítima e da escena do crime

G24.gal 18/10/2024 14:02

Xornada de trámite e a máis curta dende que comezou o xuízo. Os axentes que declararon hoxe, tanto na sala como por videoconferencia, limitáronse a describir en que consistiu a súa intervención. 

"Fomos buscar o acusado a Astorga para trasladalo ás dependencias policiais de Lonzas".

"Tomei declaración ao fillo da vítima".

Ese é precisamente un dos testemuños máis relevantes, porque o acusado estivo no bar do fillo de Mónica pouco antes de matala.

"Presentouse alí chorando e facéndolle unha chantaxe emocional para que dalgunha maneira intercedese ante a nai", explica a policía que lle tomou declaración ao fillo.

"O fillo, que foi quen estivo con el realmente, díxolle que consumira varias bebidas alcohólicas?", pregunta o avogado defensor.

"Tomou unha cervexa. Non recordo se tomou unha ou dúas, pero si que tomara unha cervexa porque pagou e deixoulle propina", aclara a axente.

Nesa cervexa ou cervexas xoga boa parte da decisión do xurado, porque o seu avogado alega que estaba bébedo e drogado, como unha atenuante. De momento, ninguén corrobou esa versión. Nin no propio bar nin a amiga de Mónica que estaba na casa cando el chegou. Tampouco o taxista que o levou ao aeroporto nin quen lle vendeu o billete cara a Madrid. No que coinciden todos é que o reo estaba moi nervioso. 

O luns prevese unha xornada máis emotiva: declara a primeira veciña que auxiliou o fillo de Mónica e tamén forenses e peritos, polo que o xurado terá que ver imaxes duras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade