O acusado do triplo crime de Valga pide perdón na última xornada de xuízo
O acusado do triplo crime de Valga pide perdón na última xornada de xuízo
As acusacións reiteraron a petición da pena máxima para José Luis Abet polos asasinatos da súa exmuller, excuñada e exsogra
Coincidiron tamén en pedir a agravante de xénero polos tres crimes
O acusado polo triplo crime de Valga, José Luis Abet, pediulles perdón ás familias das vítimas e aos seus fillos, que presenciaron os asasinatos.
Foi ao facer uso do seu dereito á última palabra na derradeira sesión do xuízo.
O acusado dirixiuse ao tribunal para pedirlles perdón aos familiares das tres vítimas, nunha intervención moi breve coa que se pechou a vista oral.
Así o confirmou á saída da vista o avogado da Acusación Popular, Francisco José Lago.
Nesta última sesión, as acusacións reiteraron a petición da pena máxima para José Luis Abet, a de prisión permanente revisable, e coincidiron tamén en pedir a agravante de xénero polos tres asasinatos.
Unha vez expostas as conclusións das partes, o xurado comeza a deliberar este mesmo luns para tomar unha decisión sobre a culpabilidade ou non do acusado.