O Adif anuncia un novo atraso na intermodal de Ourense
O Adif anuncia un novo atraso na intermodal de Ourense
A previsión agora é que a estación estea lista en 2031
Ourense non terá estación intermodal ata o ano 2031. O Adif acaba de anunciar que hai atraso na licitación das primeiras obras. Estaban previstas para este trimestre, pero volven atrasarse por quinta vez. Agora o Adif anuncia que a licitación non será antes do verán.
As obras que levan en espera desde a metade da década pasada e que inclúen, ademais da construción da estación intermodal, unha pasarela peonil que uniría os barrios da Ponte e do 21, a cubrición das vías e a súa urbanización.
Son unhas obras moi complexas cun prazo de execución moi amplo, así que, no mellor dos casos, a estación non estaría rematada ata oito anos despois da chegada á cidade do primeiro tren de alta velocidade. Do conxunto global da intermodal, tan só a estación de buses, asumida pola Xunta, está executada e operativa.