Cargando resultados...
O Adif denuncia o uso que fan persoas sen fogar da nave que ten no barrio ourensán do Vinteún
O Adif denuncia o uso que fan persoas sen fogar da nave que ten no barrio ourensán do Vinteún
Os veciños quéixanse de insalubridade e delincuencia
O subdelegado do Goberno insiste en que se está a facer todo o que se pode
G24.gal
12/08/2024 14:36
En Ourense continúa o conflito pola situación dunha nave abandonada onde se instalaron persoas sen fogar e onde parece ser que fan actividades molestas para os veciños.
O inmoble, no barrio do Vinteún, é propiedade do Adif, que xa interpuxo unha denuncia ante os xulgados porque quere facer uso do inmoble, segundo asegurou hoxe o subdelegado do Goberno.
Eladio Santos dixo que a seguridade privada do Adif está vixiando a contorna e que os servizos sociais se puxeron en contacto con estas persoas.