O aeroporto de Alvedro contará en 2023 con cinco conexións internacionais
O aeroporto de Alvedro contará en 2023 con cinco conexións internacionais
A partir de abril de 2023 haberá voos a Milán, Ámsterdam e Xenebra, con dúas frecuencias semanais
Ás conexións actuais con Londres, aeroporto de Gatwick e París, aeroporto de Orly
Será a primeira vez que Alvedro teña 5 conexións internacionais
O aeroporto de Alvedro contará por primeira vez con cinco conexións internacionais, segundo informa o Concello da Coruña.
Ás conexións actuais con Londres, aeroporto de Gatwick, e París, aeroporto de Orly, engadirase a partir de abril de 2023 voos con Milán, Ámsterdam e Xenebra, con dúas frecuencias semanais.
As tres novas rutas, que serán operadas por EasyJet, responden a un contrato promovido polo Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña o pasado 22 de xullo, con 22 millóns de euros.
Tras a apertura dos sobres do concurso, a empresa foi a única interesada en facerse cargo das rutas, que comezarán a operar en abril de 2023, engade o Consistorio nun comunicado.