O aeroporto de Peinador, a piques de abrir
O aeroporto de Peinador, a piques de abrir
O aeroporto vigués abrirá de novo o venres 31 de maio
O aeródromo botou 24 días pechado por mor das obras de rexeneración do pavimento da pista
Todo Vigo estaba agardando esta noticia, e finalmente chegou a boa nova: o aeroporto de Peinador volverá abrir as súas portas no día de mañá, 31 de maio.
Esta mañá leváronse a cabo os derradeiros preparativos e comprobacións técnicas, tras un período de vinte e catro días sen estar en funcionamento.
O peche debeuse ás obras de rexeneración do pavimento da pista. Por sorte, as obras avanzaron según os prazos establecidos, chegando con certa folgura á última semana de maio.
22 voos estrearán na reapertura do aeroporto o novo asfalto, a sinalización horizontal LED e as drenaxes da pista de aterraxe.
Segundo a directora do aeródromo, Ana Molés, "o alcance realizado podería ter unha duración de 50 ou 60 anos", polo que teremos "pista para tempo".