O alcalde de Vigo despide o Nadal "máis longo do planeta"
O alcalde de Vigo despide o Nadal "máis longo do planeta"
Nun acto na Porta do Sol apagou as luces ata o vindeiro mes de novembro
Nun acto na Porta do Sol, o rexedor vigués Abel Caballero clausurou o "mellor Nadal do mundo", segundo dixo diante de centos de persoas que quixeron acompañalo na despedida ata o mes de novembro.
Estiveron iluminando as rúas de Vigo durante 51 días, unha semana máis por petición da hostalería. Nese tempo, achegáronse milleiros de turistas, que encheron os hoteis da cidade e da contorna.
Durante a ponte festiva, pero sobre todo nas fins de semana, o centro estaba cheo. Nalgúns casos chegou a quedar colapsado polos coches.
Agora chega a hora de facer balance. Un ano máis, os datos no sector da hostalaría son moi positivos. Durante a semana chegouse ao cen por cento de ocupación.
E aínda que para moitos as despedidas son tristes, sempre poderemos facer unha nova conta atrás para ir restando os días que quedan para un novo Nadal en Vigo.