O alugeiro non require de populismos, por Venancio Salcines
OPINIÓN
O alugeiro non require de populismos, por Venancio Salcines
Onte acusaron, no Congreso, a ministra de vivenda Isabel Rodríguez de ser rendista por ter tres pisos en alugueiro. Zarandeárona e despois Gabriel Rufián enumerou as que considera as tres solucións para o problema da vivenda: intervención, intervención, intervención. É dicir, expropiar vivenda e limitar prezos. O resto das forzas políticas que sosteñen o goberno van nesa liña: forzar, dobregar a oferta para aproximala á demanda.
A idea é pueril, infantil. Expropiar vivendas da xente, do común, é atentar contra a propiedade, é golpear o epicentro do sistema económico para deixar espazo a políticas marxistas, comunistas. Ideoloxía que aínda estando fracasada parece seguir seducindo unha parte das forzas políticas que sustentan o goberno.
Cando se atemoriza a oferta dende o Estado, cando se verte sobre ela ameazas, a resposta é sempre a mesma, marcha. O diñeiro abandona os espazos de inseguridade e busca outros. Todo este mar de fondo, a sonata que se escoita, soamente está producindo medo, temor a quen ten unha vivenda en alugueiro e desconfianza a quen pode ter interese en ofertala, ben poñendo unha propia ou mercando unha para ese fin.
A solución a este problema é moi simple: facer o contrario, absolutamente o contrario do que din as forzas á esquerda do PSOE, apoderar o propietario, reforzaralo, soamente así poderemos volver ter un mercado de alugueiro que non asfixie unha boa parte da nosa sociedade.