Publicador de contidos
Publicador de contidos

O anticiclón trae xeadas e termómetros en negativo no interior do país

O anticiclón trae xeadas e termómetros en negativo no interior do país

O sur de Ourense está este martes en aviso amarelo por temperaturas inferiores aos -4 graos

G24.gal 23/01/2023 11:18 Última actualización 23/01/2023 22:20

O anticiclón trae esta semana a Galicia moita xeada e temperaturas por debaixo dos cero graos.

Unha vez máis, os valores mínimos agárdanse para as provincias do interior.

A provincia de Ourense está este martes en aviso amarelo por temperaturas inferiores a -4 graos. Xa este luns, localidades como Viana, Baltar, Verín ou Xinzo de Limia rexistraron temperaturas entre os -4 e os -6 graos. 

A temperatura máis baixa rexistrouse en Viana do Bolo, onde se chegou aos -6,7 graos. Séguena Baltar, (-5,8º), Verín (-5,0º), A Veiga (-4,8º) ou Xinzo (-4,7º), todas elas, localidades da provincia de Ourense.

De feito, no sur da provincia de Ourense, actívase a partir das doce da noite e ata as nove da mañá un aviso amarelo por temperaturas por baixo dos menos catro graos. 

Na provincia de Lugo, destacan os -5,2º do Cebreiro e -4,3º de Portomarín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos