Publicador de contidos
Publicador de contidos

O aparcadoiro pantasma da Lavacolla esténdese ao concello do Pino

O aparcadoiro pantasma da Lavacolla esténdese ao concello do Pino

Desde hai quince días deixan coches estacionados nunha leira situada a carón dun hotel do Pino

Os donos do terreo din que nunca deron permiso para este uso

Tamén estacionan en aparcadoiros de restaurantes reservados para o uso dos clientes

G24.gal 19/07/2023 14:03

Os coches comezaron a aparecer hai arredor de quince días nesta leira, situada a carón dun hotel do municipio do Pino. Os vehículos non pertencen aos clientes do negocio, que conta co seu propio aparcadoiro. 

O terreo é doutros veciños da zona, que, segundo contan, nunca autorizaron o seu uso aos responsables do coñecido como aparcadoiro pantasma da Lavacolla.

"Nós vímolos alí e pensamos que eran do hotel, porque moitas veces veñen tomar café ou  comer, aparcan aí o coche e non dicimos nada porque non fan dano ningún. Pero desa maneira, non son do hotel. Metéronse aí sen pedir permiso. Vounos chamar e que se responsabilicen, que o saquen de aí e fóra", di Josefa Varela, propietaria da leira do Pino.

Os donos da leira do Pino están preocupados. Temen que esta situación poida causarlles problemas.

"Claro que me dá medo! Nós temos bastante coa nosa vida para que nos veñan crear problemas. Terá que saber o que ten que facer. Botárono da Lavacolla por facer o mesmo e que non me veñan facer o mesmo a min", insiste Josefa.

"Claro que estou preocupado porque iso non é, que o puñera en regra e arranxábanse as cousas, pero así non, que retire todo, e fóra", engade Jesús Bello, propietario da leira do Pino.

Ademais de utilizar sen permiso este terreo do Pino, seguen a estacionar noutros lugares privados da Lavacolla, mesmo en restaurantes con zona de aparcadoiro exclusivo para os seus clientes. 

A situación complícase nesas datas. Desde que comezou o verán, aumentaron os usuarios do aeroporto de Santiago e, como consecuencia, os clientes deste aparcadoiro ilegal, que deixa os coches á intemperie, carece de instalacións propias e non dispón de ningún tipo de vixilancia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade