Cargando resultados...
O Arde Lucus enche de visitantes os hoteis de Lugo e dos concellos veciños
O Arde Lucus enche de visitantes os hoteis de Lugo e dos concellos veciños
A ocupación recupérase e rolda o 90 %
É a festa máis importante logo do San Froilán
G24.gal
12/06/2022 13:29
Última actualización 12/06/2022 13:46
O Arde Lucus nótase na rúa e nos hoteis da cidade, que rozan o 90 % de ocupación. En canto se fixa a data comezan as primeiras reservas, que se estenden aos concellos veciños.
Logo de dous anos nos que a festa se resentiu coas medidas de confinamento marcadas pola pandemia, as ganas de troula nótanse no ambiente.
A celebración, que se prolonga durante catro días, repercute de xeito na capital e na súa área de influencia. De feito, é a segunda en importancia logo do San Froilán.