Cargando resultados...
O home que lle arrincou a dentadas a orella a un mozo en Vilagarcía pode zafar de ir a prisión
O home que lle arrincou a dentadas a orella a un mozo en Vilagarcía pode zafar de ir a prisión
O fiscal pedía cinco anos e medio de prisión
O home, que recoñeceu os feitos, pagará unha indemnización e os gastos sanitarios
Imaxe da fachada da Audiencia Provincial de Pontevedra onde se chegou ao acordo de conformidade este martes.
G24.gal
11/06/2024 13:48
O caso aconteceu en Vilagarcía hai ano e medio. Un home arrincou a dentadas parte da orella dereita a outro nunha liorta. Hoxe volve á actualidade desde a perspectiva xudicial.
Na Audiencia Provincial de Pontevedra tivo lugar un principio de acordo de conformidade que lle permitirá evitar a cadea ao autor da lesión. A Fiscalía pedíalle cinco anos e medio de cárcere.
O acusado recoñeceu a autoría do feito, pagará 8.000 euros de indemnización á vitima e os gastos sanitarios ao Sergas. Este acordo terá que pecharse nos próximos días para evitar o xuízo.