Publicador de contidos
Publicador de contidos

O artista urbano Diego As asina un novo mural na Coruña

O artista urbano Diego As asina un novo mural na Coruña

O Xulio César que pintou en Lugo foi designado mellor mural urbano de 2021

G24.gal 31/07/2022 20:57

O Xulio César que pintou Diego As fronte á muralla romana de Lugo foi recoñecido como o mellor mural urbano do mundo de 2021.

O artista galego acaba de asinar no paseo marítimo da Coruña unha nova obra, unha pintura de 70 metros de lonxitude que atrapa as miradas e esperta o interese polas lendas e os mitos clásicos.  

O último traballo que lle asignou Euristeo a Hércules levouno alén do mundo dos vivos. O rei de Argólida pediulle que capturase o temible Cerbero, que gardaba para Hades a porta do Averno.

O muralista lucense recrea ese descenso na súa última obra. Ao carón de Hércules, o deus Neptuno observa o Atlántico desde esta peza de arte de dimensións case titánicas. 

Os grandes murais gañan espazo na Coruña e noutros moitos lugares de Galicia, contribuíndo a embelecer as cidades e a facelas máis interesantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade