O aumento do salario mínimo aprobado polo Goberno será efectivo este mes
O aumento do salario mínimo aprobado polo Goberno será efectivo este mes
O Boletín Oficial do Estado publica hoxe o real decreto que marca un incremento do 8 por cento
Esta suba afecta sobre todo os autónomos e as pequenas empresas
Boa noticia para os traballadores con retribucións inferiores ao actual salario mínimo interprofesional de 1.080 euros que acaba de aprobar o Goberno central. A alza beneficia sobre todo os empregados do sector agrícola, comercio e hostalería.
Os traballadores verán o incremento do 8 por cento na nómina de febreiro, un alivio para facer fronte aos gastos do mes.
Na outra cara, os pequenos empresarios e autónomos que levan meses soportando a alza dos custos e a caída de ingresos.
Á suba das nóminas hai que engadir o aumento proporcional das cotizacións da Seguridade Social por cada empregado. A medida entra en vigor con carácter retroactivo desde o un de xaneiro.