O autor do acoitelamento múltiple de Solingen entregouse á policía e confesou
O autor do acoitelamento múltiple de Solingen entregouse á policía e confesou
A Fiscalía xeral de Alemaña asume a investigación do ataque
A policía busca máis pistas e analiza a veracidade do comunicado do Estado Islámico
A Fiscalía xeral de Alemaña asumiu este domingo a investigación do acoitelamento múltiple de Solingen que deixou tres motos e oito feridos. O autor, un cidadán sirio de 26 anos, entregouse na noite do sábado e confesou o ataque.
Este domingo os operarios comezaron a desmontar o escenario do Festival da Diversidade de Solingen que acabou traxicamente o venres, cando un individuo atacou indiscriminadamente aos asistentes acoitelándoos no pescozo. As flores e candeas depositadas no lugar lembran as vítimas, tres falecidas e oito feridas, catro están en situación crítica.
Moitos veciños de Solingen asistiron a un servizo relixioso... Contan que seguen conmocionados e que algo así non pode volver pasar na cidade...
Este membro do Parlamento alemán explica que todo é moi deprimente, agradece o traballo da policía e advirte que os partidos extremistas non van conseguir dividilos.
Mentres, a poucos metros os axentes rexistran os colectores de lixo á busca de máis pistas. De momento as autoridades non confirmaron as informacións que apuntaban a que a arma utilizada no ataque aparecera nun colector.
Foi unha pista sólida o que levou á policía na noite do sábado a este centro de acollida de refuxiados onde atoparon probas contra o autor dos crimes, ao que arrestaron pouco despois. Segundo parece, o detido estivo agochado nun patio ata que se entregou e confesou os feitos.
Trátase dun cidadán sirio de 26 anos, con permiso temporal de refuxiado tras un intento frustrado de deportación, e que estaba afiliado a este de Solingen. Cando se entregou tiña a roupa manchada de sangue.
A Fiscalía alemá, que se encarga agora do caso, explica que investigan o detido por asasinato, intento de asasinato e pertenza ao Estado Islámico, grupo que asumiu a autoría do ataque. Os investigadores tamén están comprando se o comunicado é veraz porque non achegou proba ningunha.