Publicador de contidos
Publicador de contidos

Puigdemont: "Non volverei nin esposado nin rendido"

Puigdemont: "Non volverei nin esposado nin rendido"

O avogado de Puigdemont di que a malversación dificulta a súa entrega a España

O xuíz Llarena mantén o procesamento de Puigdemont por desobediencia e malversación

 

G24.gal 12/01/2023 19:56 Última actualización 12/01/2023 21:42

O expresidente da Generalitat Carles Puigdemont asegurou este xoves que librará "ata o final" a "batalla xudicial europea" para evitar a súa extradición a España e advertiu: "Non volverei nin esposado nin rendido ante un xuíz español para que sexa indulxente. Loitarei para volver libre".

Nunha mensaxe en vídeo difundido en redes sociais, Puigdemont reaccionou á decisión do xuíz Pablo Llarena -que instrúe no Tribunal Supremo a causa do procés- de aplicarlle a derrogación do delito de sedición, mantendo o seu procesamento por desobediencia e por malversación agravada, castigado cunha pena de ata 12 anos de prisión.

Sen citar explicitamente a ERC e ao Govern de Pere Aragonès, Puigdemont mostrouse moi crítico coa reforma do Código penal pactada polos republicanos co PSOE: "Eu non avalarei co meu beneficio persoal unha política que pretende criminalizar o anhelo dos cataláns de vivir definitivamente nun país libre".

A defensa sinala un problema "de dereitos fundamentais"

A defensa de Carles Puigdemont descartou este xoves que a súa entrega a España sexa máis fácil tras entrar en vigor a reforma do Código penal que derroga o delito de sedición, xa que o Tribunal Supremo mantén procesado o expresidente catalán polos delitos de malversación e desobediencia.

Segundo o avogado Gonzalo Boye, "o problema que ten" o maxistrado do Tribunal Supremo Pablo Llarena non é "de tipo penal", senón "de dereitos fundamentais e é un problema de persecución política".

Como exemplo, Boye puxo o feito de que Llarena rexeitase en 2018 que Alemaña entregase a Puidemont por malversación e en cambio, agora o reclame por ese delito.

Despois de que hoxe entrase en vigor a reforma do Código penal coa derrogación da sedición, Llarena exonerou a Puigdemont dese delito pero mantivo o seu procesamento polo de desobediencia e o de malversación, sen atenuantes, que pode estar castigado con ata 12 anos de prisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade