Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Banco de Alimentos busca 500 voluntarios na provincia de Pontevedra

O Banco de Alimentos busca 500 voluntarios na provincia de Pontevedra

Os doantes poderán entregar alimentos físicos aos voluntarios ou realizar achegas económicas ao pasar pola caixa do supermercado

G24.gal 22/02/2023 16:21 Última actualización 22/02/2023 17:06

A Fundación Provincial Banco de Alimentos busca uns 500 voluntarios en practicamente toda a provincia de Pontevedra para o Zampakilos Solidario.

O Zampakilos Solidario será os próximos venres, 10, e sábado, 11 de marzo e a ONG necesita voluntarios nun total de 33 establecementos da cadea de alimentación galega Vegalsa- Eroski.

Segundo informa a ONG, haberá persoal identificado co tradicional peto azul nun total de 33 tendas de Vigo, Redondela, Vilagarcía, Marín, Mos, Porriño Baiona, Nigrán, Pontevedra, Lalín, Arcade e Bueu.

Esta nova edición do Zampakilos Solidario terá unha fórmula mixta, de maneira que os doantes poderán entregar alimentos físicos aos voluntarios ou realizar achegas económicas ao pasar pola caixa do supermercado.

A Fundación Provincial Banco de Alimentos repartiu preto de 2 millóns de quilos alimentos durante 2022, un ano no que mellorou substancialmente a denominada cesta básica, adquirindo e repartindo alimentos máis saudables.

Actualmente, a organización atende unhas 20.000 persoas da provincia en situación de vulnerabilidade, ás que chega a través de máis de 150 oenegués e entidades homologadas coas que traballa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade