O gobernador do Banco de España propón que so suban co IPC as pensións mínimas
O gobernador do Banco de España propón que so suban co IPC as pensións mínimas
Hernández de Cos pide estender o pacto de rendas a todo o gasto público
Ve "factibles" as previsións de ingresos e déficit contidas nos presupostos
Hernández de Cos cre factible que o déficit do Estado baixe do 4% o ano que vén, tal e como prevé o Goberno. O gobernador do Banco de España tamén estima que os ingresos do Estado van ser mesmo superiores ao esperado no proxecto de presupostos.
Pero tamén ve riscos nas contas públicas: cre que as partidas de xuros, prestacións de desemprego e pensións poden rebasar os cálculos do executivo. Ante unha inflación tan elevada, De Cos reclama un pacto de rendas en todos os ámbitos.
"Hai unha perda de benestar si ou si e o único que podemos facer é repartir o custo. Unha posibilidade é repartilo só no sector privado. Nós pensamos que sería unha mensaxe moito máis potente que tamén cubrira o sector público, incluídas as pensións", dixo de Cos.
Por lei, as pensións subirán conforme a inflación. De Cos calcula que isto suporá un gasto extra de 15.000 millóns de euros. E propón repensalo.
O gobernador do Banco de España cre que "se pode facer compatible perfectamente cubrir os máis vulnerables con que as pensións mínimas se indicien, pero quizais non o resto".
De Cos propón que as axudas pola crise se focalicen sobre os máis vulnerables e sexan temporais.