Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Básquet Coruña firma a Trey Thompkins

O Básquet Coruña firma a Trey Thompkins

O Leyma faise cos servizos do interior americano de 34 anos de idade 

Thompkins é a segunda fichaxe do equipo coruñés

G24.gal 01/08/2024 12:47

O Básquet Coruña reforza o seu equipo coa incorporación de Trey Thompkins. O xogador americano volve á Liga ACB, da que é un vello coñecido. Thompkins chegou a disputar sete temporadas na elite do baloncesto español, todas elas no Real Madrid, e agora retorna a España para axudar ao Leyma no seu debut nesta categoría.

Procede do Estrela Vermella serbio, onde sufriu unha grave lesión que o apartou das pistas nestes últimos meses. O estado físico no que chega é unha incógnita, pero na Coruña amósanse optimistas e confían no xogador. O club galego destacou a súa gran capacidade para abrir a pista e tirar desde máis aló da liña exterior, así como o seu potencial defensivo, sendo capaz de actuar contra xogadores máis grandes que el.

Tras a incorporación de Lima, o Leyma realiza a súa segunda fichaxe neste verán. O hispano-brasileiro e Thompkins son xogadores con moita experiencia na ACB, algo clave á hora de enfrontar unha competición tan esixente como é a Liga Endesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade