Publicador de contidos
Publicador de contidos

O BBVA eleva a previsión de crecemento do PIB de España ao 2,5%

O BBVA eleva a previsión de crecemento do PIB de España ao 2,5%

Xustifícano en que a recuperación se intensificou nos últimos meses grazas ás exportacións do sector servizos

G24.gal 14/06/2024 14:37

O último informe elaborado polo BBVA eleva a previsión de crecemento do PIB de España ao 2,5 % este ano e ao 2,1 % o ano que vén.

Xustifícano en que a recuperación se intensificou nos últimos meses grazas ás exportacións do sector servizos, en concreto do aumento do turismo estranxeiro. Estiman que este semestre a inflación rolde o 3 % en España e baixe o ano que vén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade