Cargando resultados...
O Benfica supera 5-1 o Barcelos e acada a primeira Golden Cup
O Benfica supera 5-1 o Barcelos e acada a primeira Golden Cup
G24.gal
17/04/2022 21:03
E xa temos campión da Golden Cup, esa Copa de Europa oficiosa de hóckey que se disputou esta semana na Coruña. O Benfica, verdugo do Liceo nas semifinais, alzou o trofeo na final portuguesa.
E fíxoo, ademais, remontando un tanto inicial do Barcelos, obra de Miguel Rocha. Primeiro empatou Nicolia, e despois caeron, un tras outro, os outros catro goles anotados por Lucas Ordoñez, Gonzalo Pinto, Pol Manrubia e Pablo Álvarez. 5-1, vitoria do Benfica.