Publicador de contidos
Publicador de contidos

O BNG impulsará a reforma do Estatuto que lle dea a Galicia a chave dos seus recursos

O BNG impulsará a reforma do Estatuto que lle dea a Galicia a chave dos seus recursos

Ana Pontón anunciou que un grupo de especialistas traballará para presentar a proposta

Acusa a Rueda de deslealdade por primar os intereses do PP de Madrid sobre os de Galicia

 

Ana Pontón este sábado na reunión do consello nacional do BNG
G24.gal 11/01/2025 14:34 Última actualización 11/01/2025 14:52

O BNG vai impulsar unha reforma do Estatuto de Autonomía para incluír un concerto económico que lle dea a Galicia a chave dos seus recursos.

Ana Pontón anunciouno na reunión do consello nacional da formación. Pontón acusou o presidente da Xunta de poñer os intereses do PP de MADRID por diante de Galicia á hora de negociar o sistema de financiamento autonómico.

Tamén criticou tamén que os populares rexeiten a quitación da débeda pactada polo BNG na investidura de Pedro Sánchez. Segundo Pontón, esa quitación permitiría destinar os 14.000 millóns da débeda  á mellora dos servizos públicos.

"O PP quere condenarnos a ter un sistema de financiamento que nos discrimina e nós desde o BNG non o imos permitir, non imos permitir que o seu centralismo deixe Galiza atrás, por iso, avanzo que o BNG vai impulsar unha reforma do Estatuto para incluír un concerto económico que lle permita a Galicia ter a chave dos seus cartos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade