Cargando resultados...
O BNG pide explicacións pola restrición de actividade nalgúns centros de saúde de Vigo
O BNG pide explicacións pola restrición de actividade nalgúns centros de saúde de Vigo
Solicita a convocatoria da Deputación Permanente
G24.gal
05/01/2022 16:03
O BNG solicitou esta mañá no Parlamento de Galicia a convocatoria da Deputación Permanente.
Queren un pleno extraordinario no que o conselleiro de Sanidade explique a razón pola que catorce centros de saúde da área de Vigo restrinxiron a súa actividade só a casos de covid e de urxencias.
O Sergas xa informou de que é unha medida provisional que pretende axudar os profesionais sanitarios a soportar a actual presión da pandemia, ante o déficit de persoal neses centros.