Publicador de contidos
Publicador de contidos

O BNG propón investir o 1,5 % do PIB no financiamento das universidades galegas

O BNG propón investir o 1,5 % do PIB no financiamento das universidades galegas

"Suporía investir arredor de mil millóns de euros e cremos que é un investimento que tería un retorno moi grande para o futuro do noso país", explicou a voceira nacional do BNG

G24.gal 17/09/2024 14:37

O BNG reclama máis financiamento para as universidades galegas. A líder nacionalista, Ana Pontón, mantivo un encontro co reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, para valorar as demandas da institución.

Pontón urxe a Xunta a promover vivendas para os estudantes na cidade e insta a mellorar o financiamento universitario. 

"Que no horizonte do 2030 podamos destinar o 1,5% do noso PIB ao financiamento das universidades galegas, isto suporía investir en torno a mil millóns de euros e cremos que é un investimento que tería un retorno moi grande para o futuro do noso país", explicou a voceira nacional do BNG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade