Publicador de contidos
Publicador de contidos

O BNG votará a Armengol para presidir o Congreso e apoia grupo para ERC e Junts para que alixeire o Grupo Mixto

O BNG votará a Armengol para presidir o Congreso e apoia grupo para ERC e Junts para que alixeire o Grupo Mixto

Ve "posible" que a Mesa saia adiante e "non a investidura", porque as forzas vascas e catalás compiten entre elas nos seus territorios 

G24.gal 16/08/2023 11:55

O deputado electo do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Néstor Rego, confirmou este mércores que votará a favor da candidata do PSOE para presidir o Congreso, a expresidenta das Baleares Francina Armengol. Apoiou que ERC e Junts teñan grupo parlamentario propio, porque iso "alixeiraría" o Grupo Mixto.

Para Rego, así se recoñece a "pluralidade" que existe no Congreso e facilítase o traballo de todas as forzas políticas. "Por tanto, cremos que é bo que esa proposta salga adiante", manifestou nunha entrevista en RNE, recollida por Europa Press, aínda que non entrou a valorar a candidatura concreta de Armengol.

Rego quixo precisar que o apoio do BNG limítase de momento á formación da Mesa do Congreso este xoves. "Despois virá a investidura", unha "segunda fase" na que, segundo reiterou, non darán un "cheque en branco" aos socialistas e esixirán un acordo sobre "a axenda galega".

"Debe haber un acordo claro de cumprimento dos compromisos políticos con Galicia que, á fin e ao cabo, é o que nos interesa. Esperamos que podamos chegar a esa fase e que se poida avanzar nesa axenda galega, porque sería moi positivo", proclamou.

O deputado advertiu ao PSOE de que o apoio do BNG a unha investidura depende de se Pedro Sánchez ten un "compromiso claro" con Galicia e recalcou que unha repetición electoral "non sería positivo para a sociedade".

Ademais, aventurou que "é posible" que a Mesa do Congreso saia adiante e "non a investidura", porque as forzas vascas e catalás compiten entre elas nos seus territorios e poden ter outros intereses, pero para o BNG sería "bo" que prosperasen ambas.

O PP non apoios para unha investidura

Rego tamén se pronunciou sobre a posibilidade de que Junts e ERC poidan ter un grupo parlamentario propio no Congreso, despois de que ningún dos dous alcanzase nin os escanos nin a porcentaxe de voto necesario.

"Para nós tamén é importante, non só porque sexan formacións independentistas, senón porque alixeiraría o grupo mixto e daríanos a nós máis capacidade de actuación", valorou.

Para ter grupo propio hai que contar con polo menos 15 escanos ou superar os cinco deputados e obter o 5 % dos votos en todo o país, ou ben o 15 % en todas as circunscricións en que se concorre. ERC e Junts lograron sete deputados cada un nas eleccións xerais e non en todas as circunscricións superan a porcentaxe de apoios.

No que respecta ao papel do rei para a investidura e á proposición dun candidato para formar Goberno, Rego insistiu en que o candidato proposto ten que ser aquel que conte con máis apoios no Congreso e insiste en que o PP "non ten o apoio suficiente" para gobernar aínda que gañase as eleccións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade