Publicador de contidos
Publicador de contidos

O BOE e o DOG publican o nomeamento de Alfonso Rueda como presidente da Xunta

Alfonso Rueda, investido presidente da Xunta este xoves no Parlamento (EFE/Lavandeira jr) Alfonso Rueda, investido presidente da Xunta este xoves no Parlamento (EFE/Lavandeira jr)
G24.gal 12/04/2024 08:55

O Boletín Oficial do Estado  e o Diario Oficial de Galicia publican este venres o nomeamento do líder do PP galego, Alfonso Rueda, como presidente autonómico de Galicia tras o debate de investidura de que tivo lugar esta semana.tras o debate de investidura que tivo lugar esta semana.

Rueda foi investido este xoves por segunda vez como presidente da Xunta co si dos 40 deputados que compoñen o Grupo Popular no hemiciclo galego e o non dos 34 parlamentarios que ocupan as bancadas da esquerda (25 do BNG e nove do PSdeG). Armando Ojea (Democracia Ourensá) optou pola abstención.

O dirixente popular converteuse en maio de 2022 no sexto presidente autonómico de Galicia, tras protagonizar a inédita substitución de Alberto Núñez Feijóo, quen abandonou Galicia para dirixir o PP estatal á metade de mandato.

Será este sábado cando Rueda tome posesión do seu cargo. Se segue a pauta da súa primeira vez, tras a substitución de Feijóo, optará polo xuramento (no ano 2022 fíxoo sobre o Estatuto de Autonomía). O que non repetirá é escenario, xa que decidiu cambiar o Parlamento pola contorna de San Domingos de Bonaval, onde se atopa o Panteón de Galegas e Galegos Ilustres.

O domingo desvelará os integrantes do que será considerado o seu primeiro goberno propio, ao ser o que deseña tras pasar polas urnas, onde o 18 de febreiro revalidou a maioría absoluta (quinta consecutiva do PPdeG desde que Feijóo recuperou a Xunta no ano 2009). Desta maneira, se se cumpren os precedentes, o luns tomarán posesión os conselleiros e realizarase a primeira foto de familia do novo Consello da Xunta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade