Publicador de contidos
Publicador de contidos

O bombardeo israelí dunha escola en Gaza deixa 16 persoas mortas

O bombardeo israelí dunha escola en Gaza deixa 16 persoas mortas

O Exército hebreo di que era un "centro de mando" de Hamas e a Defensa Civil gazatí asegura que se usaba como refuxio

A escola bombardeada en Gaza. REUTERS/Mahmoudissa A escola bombardeada en Gaza. REUTERS/Mahmoudissa
G24.gal 03/08/2024 19:54

Polo menos 16 persoas morreron este sábado nun bombardeo israelí na escola Hamama da cidade de Gaza. Segundo o Exército hebreo, usábase como "centro de mando" de Hamas e agocho de terroristas.

"As forzas atacaron terroristas que operaban dentro dun centro de mando e control de Hamas. No pasado, o complexo coñecíase como a escola de Hamama", no barrio de Sheikh Radwan, ao norte de cidade de Gaza, indica nun comunicado castrense.

Pola súa banda, a Defensa Civil gazatí confirmou que na escola había persoas desprazadas xa que as instalacións se utilizaban como refuxio.

Máis de 40 persoas morreron na Franxa nas últimas 24 horas en ataques de Israel, sobre todo na cidade de Gaza e Jan Yunis, o que eleva as vítimas mortais no enclave desde outubro a máis de 39.550.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade