Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Bono Activa Comercio da Xunta comezará a funcionar a partir do luns

O Bono Activa Comercio da Xunta comezará a funcionar a partir do luns

Máis de 4.000 establecementos sumáronse xa a esta iniciativa

Os bonos, en formato QR, son de 30 euros por persoa

Pódense descargar a través da web:  www.bonosactivacomercio.gal

G24.gal 13/05/2023 14:17 Última actualización 13/05/2023 14:42

A libraría Lino de Lestedo é un dos máis de 4.100 establecementos que se sumaron xa ao Bono Activa Comercio da Xunta que os consumidores poderán utilizar a partir do luns. 

"A xente agradeceuno moito. Hai clientes que nos din debería haber isto todo o ano, estamos moi contentos e notouse nas vendas tamén", di Ánxeles Cutrín "Lita", propietaria da libraría Lino.

Os bonos, en formato QR, son de 30 euros por persoa. Poderán utilizarse ata que o importe total dos descontos utilizados alcance os 2,5 millóns de euros que a Xunta destina ao programa nesta convocatoria e permitirán mobilizar 8,5 millóns de euros en vendas.

A terceira edición deste programa pretende contribuír a dinamizar o sector e a implicar a cidadanía no impulso do consumo no comercio de proximidade.

"O pequeno comercio nestes momentos está atravesando dificultades igual que as familias polo efecto da inflación, con esta iniciativa o Bono Activa Comercio vén incentivar o comercio de proximidade e tamén trasladar unha axuda importante para as familias. É unha iniciativa que vai mobilizar máis de 8 millóns de euros", destaca Francisco Conde, Vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación.

Ás compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 corresponderalles un desconto de 5 euros. A rebaixa será de 10 euros para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50. A partir desta cantidade, o desconto alcanzará os 15 euros. 

"Facilítache mercar, aforrar algo e mercar pola zona, no comercio local. Este ano dedicareino a libros ou material escolar", di María, unha usuaria do Bono Activa Comercio.
 

Nesta edición non se limitará o número de usuarios que poden descargar os bonos, pero cando o importe total dos descontos realizados alcance os 2,5 millóns de euros, os bonos descargados xa non se poderán utilizar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade