O buque Galicia chega ao porto de Valencia con 104 militares, comida e dous helicópteros
O buque Galicia chega ao porto de Valencia con 104 militares, comida e dous helicópteros
Segundo a ministra de Defensa, con este continxente xa son 7.500 os militares que traballan na zona
O buque Galicia da Armada chegou ao porto de Valencia para unirse aos labores de reconstrución polos danos causados pola DINA en varias localidades da provincia.
Segundo informa o Ministerio de Defensa na súa conta de X, desembarcarán do buque 104 infantes de mariña do Terzo da Armada, camións con comida, auga, material de apoio e dous helicópteros SH-60F.
🔴 Última hora
— Ministerio Defensa (@Defensagob) November 4, 2024
El buque Galicia de @Armada_esp llega al puerto de #Valencia con 104 Infantes de Marina del #TercioDeArmada listos para ayudar, camiones con comida, agua, material de apoyo y dos helicópteros SH-60F. pic.twitter.com/DX5I0lpz2Y
Desta forma, e tal e como explicou a ministra de Defensa Margarita Robles nunha entrevista en RNE, este luns traballarán na zona 7.500 militares.