O café en orixe subiu un 50 % dende abril
Especulación, inestabilidade política e problemas de loxística explican a suba
As últimas colleitas foron menores do previsto
Nos últimos oito meses a suba media do prezo do café para as empresas envasadoras e elaboradoras foi do 50 %. No mercado internacional hai escaseza e tamén movementos especulativos que fixeron disparar a cotización. Ata agora foron aguantando grazas as reservas acumuladas na pandemia, pero finalmente van ter que subirlle o prezo aos clientes para seguir sendo viables.
Na hostalería xa están ao corrente das intencións das empresas cafeteiras e son conscientes de que haberá que subirlle o prezo ao café que consomen os clientes. Unha decisión arriscada pero imprescindible para a viabilidade dos negocios porque o café supón, por exemplo, o 85 % da facturación das mañás en boa parte dos establecementos.
Empresas e hostaleiros temen que a suba do café afecte o consumo agora que comezaban a recuperar un nivel de mercado similar ao de antes da pandemia.