Publicador de contidos
Publicador de contidos

O camioneiro que atopou a vítima de Igualada: tremía nun charco de sangue

O camioneiro que atopou a vítima de Igualada: tremía nun charco de sangue

Comezou o xuízo contra o acusado do brutal ataque

Enfróntase a penas de 45 anos de prisión por agresión sexual e intento de asasinato

G24.gal 17/06/2024 20:27 Última actualización 17/06/2024 20:48

Comezou na Audiencia Provincial de Barcelona o xuízo contra o acusado de golpear e agredir sexualmente de xeito brutal unha moza á saída dunha discoteca en Igualada. Os feitos ocorreron o 1 de novembro de 2021. Segundo relataron os amigos, a  rapaza -daquela menor de idade- separouse do grupo para estar cun mozo que tamén declarou nesta primeira sesión do xuízo.

"Eu tiña entendido que ela ía ir coas súa amigas", explicou o mozo co que creron que marchara e que non chegou a saír do local ata que rematou a festa.

"Despois de saír da discoteca chameina unha vez e contestoume, pero a segunda chamada xa non a colleu", relatou unha amiga.

 Á hora desa segunda chamada a vítima xacía gravemente ferida sobre un charco de sangue nunha rúa do polígono industrial onde a auxiliaron uns camioneiros.  

"Tiña frío, tiña lesións. Collín o que tiña no camión, unha camisa e unha chaqueta, e tapeina". Viu se tiña sangue? "Si, estaba chea de sangue", relatou un deles.

"Estaba consciente, pero eu dicíalle que viña a ambulancia e respondía non, non, non. Creo que non escoitaba", contou o outro.

A vítima estivo un ano hospitalizada e foi sometida a sete operacións cirúrxicas. Sofre secuelas. Non irá ao xuízo para non revivir feitos dramáticos, pero na primeira sesión reproduciron a súa declaración gravada na fase de instrución.

O acusado, un mozo de 24 anos con antecedentes por violación, enfróntanse a 45 anos de prisión por agresión sexual e asasinato en grao de tentativa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade