Publicador de contidos
Publicador de contidos

O candidato opositor venezolano terá que declarar ante a Fiscalía Xeral

O candidato opositor venezolano terá que declarar ante a Fiscalía Xeral

Edmundo González Urrutia pide unha auditoría internacional dos resultados electorais

O fiscal xeral de Venezuela, Tarek William Saab, dixo que vai citar o candidato opositor
G24.gal 24/08/2024 13:37

Case un mes despois das eleccións presidenciais de Venezuela, a loita entre o chavismo gobernante e a oposición vai a máis, ata o punto de que a fiscalía xeral vai proceder contra o candidato opositor.

"Nas próximas horas, o cidadán Edmundo González Urrutia, será citado por este ministerio público, baseándose na investigación en curso", afirmou o fiscal xeral venezolano.

O candidato opositor é acusado de usurpación de funcións electorais, manipulación de documentos públicos, instigación á desobediencia das leis, delitos informáticos, asociación para delinquir e conspiración.

O candidato da oposición esixiulle ao CNE unha auditoría internacional

Edmundo Gonzalez Urrutia, a través das redes, reiterou o seu rexeitamento da vitoria de Nicolás Maduro, proclamada polo Tribunal Superior de Xustiza, e pediulle ao mundo firmeza para defender a democracia venezolana.

"Señores do CNE, non se agachen detrás dun tribunal, asuman o seu papel e respecten os resultados, mostren as actas mesa por mesa, e dean paso a unha auditoría internacional imparcial, independente e confiable", pediu Edmundo González Urrutia

A oposición agradécelle a Kamala Harris a petición de transparencia

O candidato opositor, e a líder dereitista María Corina Machado, agradecéronlle á vicepresidenta dos Estados Unidos, Kamala Harris, a súa defensa dos valores democráticos, expresada nunha carta na que a dirixente estadounidense pide transparencia e a publicación dos resultados das pasadas eleccións en Venezuela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade