O carballo do Banquete de Conxo é a segunda Árbore Europea do ano
O carballo do Banquete de Conxo é a segunda Árbore Europea do ano
A árbore gañadora foi Oak Dunin, en Polonia
Moita expectación en Compostela por coñecer se o carballo de Conxo acababa sendo a Árbore Europea do Ano
O exemplar compostelán quedou a só 11.083 votos do vencedor con 168.234 apoios fronte ao carballo polaco de Dunin, que recibiu 179.317 votos
O carballo de Conxo quedou sen o título de Árbore Europea do Ano, co que loitou duramente co seu maior rival, o carballo polaco de Dunin, que foi o gañador con máis de 179.000 votos. O exemplar compostelán quedou a só 11.083 votos do vencedor, recibiu en total 168.234 apoios.
Foi esta a edición máis participativa e, se cadra, máis emocionante do certame. Notouse especialmente en Compostela, no Auditorio de Galicia onde se reuniu unha boa representación da xente, empresas, centros educativos e institucións que se involucraron de forma activa na campaña do carballo.
E, por suposto, o Concello, encabezado polo alcalde da cidade que, malia recoñecer que a todos nos gusta gañar, o segundo lugar é un éxito por poñer en valor o exemplar compostelán, pola participación da xente e porque o carballo de Conxo xa é a mellor árbore de España.
O carballo naceu coa Ilustración. En 1856 testemuñou o Banquete Democrático de Conxo, un acto en que se reivindicaban valores como a liberdade, a igualdade e a fraternidade. Ademais, tamén fora defendido por Rosalía de Castro nunha denuncia ecolóxica, das primeiras celebradas en España.