Publicador de contidos
Publicador de contidos

O castiñeiro do Río da Vila, en Burela, goza dunha segunda vida como obra escultórica

O castiñeiro do Río da Vila, en Burela, goza dunha segunda vida como obra escultórica

A talla, feita por Carlos García e Marina Goti, está especialmente pensada para os pícaros

Félix Aragunde 10/07/2024 20:59 Última actualización 10/07/2024 21:57

O castiñeiro centenario que a borrasca Karlotta derrubou en Burela acabou convertido nunha obra de arte.

Por encarga do Concello, esculpírona Carlos García e Marina Goti, artistas multidisciplinares de Ferrolterra.

A escultura encóntrase no mesmo lugar onde estaba situada a árbore, a carón do Río da Vila. O castiñeiro, que era un emblema do barrio, goza agora dunha segunda vida.

Carmela López, alcaldesa de Burela: "Baleirárono por completo, e dentro había sapos, razón pola que hai un sapo aí. A obra de arte que trouxeron ten visitas a diario, nos tres días que leva aquí".

A talla, que tardou varios meses en realizarse, está especialmente pensada para os máis pequenos. Conta con varias figuras mitolóxicas, coma unha fada ou un gnomo.

Deste xeito, o que era o castiñeiro máis emblemático de Burela, ata que o tirou o vento, seguirá sendo visitado e admirado polas xeracións vindeiras.

Na escultura hai representadas figuras mitolóxicas coma trasnos e fadas Na escultura hai representadas figuras mitolóxicas coma trasnos e fadas
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade