Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Caudal Fest enche Lugo con 40.000 asistentes e unha ocupación do 100 %

O Caudal Fest enche Lugo con 40.000 asistentes e unha ocupación do 100 %

Os concellos veciños tamén quedaron sen prazas hoteleiras libres

G24.gal 21/09/2024 14:47 Última actualización 21/09/2024 18:02

O último gran festival do verán, o Caudal Fest, ten a cidade de Lugo revolta, con 40.000 asistentes e unha ocupación do 100 %.

As prazas hoteleiras chegaron a ofrecerse a 700 euros o cuarto dobre. E, a pesar diso, Lugo encheuse esta fin de semana. Tanto ten o establecemento consultado. As respostas son as mesmas en todos.

O Caudal Fest, o cuarto festival máis grande de Galicia, é un referente nacional que implica a 600 persoas na súa organización.

Na maioría dos negocios, o luns xa comezan a recibir reservas para a edición do vindeiro ano.

Contra a violencia machista

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, visitaron os puntos lila e arco iris instalados neste festival.

Xunto aos profesionais que están á súa fronte, fixeron balance do traballo de asesoramento e prevención da violencia machista feito nestes espazos durante o verán, logo de estaren presentes, con este, en sete festivais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade