O Celta B busca a clasificación para o playoff no derbi da Malata
O Celta B busca a clasificación para o playoff no derbi da Malata
O equipo vigués precisa gañar (19:30 h G2 e G24) ou agardar unha picada do Linares para xogar polo ascenso
Giráldez lembrou que, aínda que o seu equipo gañe, o Rácing podería ascender igualmente
O obxectivo do Celta B era a permamencia. E na xornada 11 todo eran dúbidas, estaba en descenso. Mais unha reacción formidable deixouno a so chanzo da promoción. Un chanzo que pasa por gañar na Malata. E no que caben tamén un empate ou unha derrota sempre que tropece o Linares. No Celta falan dunha clave...
E tamén lles lembran aos ferroláns que o Rácing, aínda perdendo, pode ascender.
Para o partido causan baixa Medrano e Xoel por sanción , Martín Calderón por lesión e Miguel e Carlos Domínguez que van co primeiro equipo. Como na Malata, en Balaídos esta semana tamén se viron ringleiras nos despachos de localidades. Mais eran para marchar a Cádiz co primeiro equipo.