Cargando resultados...
O Celta Baloncesto, a un partido da Liga Feminina
O Celta Baloncesto, a un partido da Liga Feminina
G24.gal
29/04/2023 20:09
O Celta Baloncesto xogará este domingo o partido definitivo para ascender á Liga Feminina.
Derrotou nas semifinais da final entra catro ao Alcobendas por 71-80. O partido decidiuse nos últimos minutos. A norteamericana Cliney, con 22 puntos, e Anne Senosiain, con 19, foron as máximas anotadoras do equipo que adestra Cristina Cantero.
Zamora ou Paterna serán os rivais no partido definitivo. Disputarse ás cinco e media da tarde deste domingo en Navia, un recinto que vibrou co triunfo do Celta Baloncesto na semifinal.