Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta Fortuna cotiza á alza na 1.ª RFEF despois de gañar na Coruña

O Celta Fortuna cotiza á alza na 1.ª RFEF despois de gañar na Coruña

É o equipo galego mellor situado na clasificación, no sexto posto e a un só da fase de ascenso

G24.gal 09/10/2023 19:31

Tras sete xornadas disputadas en Primeira Federación, hai tres equipos que comezan a despuntar na táboa. Falamos de Nástic, Real Unión e Ponferradina, este último, rival na próxima xornada dun Deportivo que se descolga perigosamente e asexa os postos de descenso. Un Deportivo que aínda non gañou. Esta fin de semana caeu ante o filial do Celta. O vestiario cre que a este Deportivo  lle poden a presión de Riazor e os malos resultados precedentes.

O Celta B, que na Coruña fixo un partido impecable no defensivo, celebra os tres puntos. Xa son sextos na clasificación. Giráldez cre que é de xustiza que así sexa.

O Lugo, décimo primeiro con nove puntos, asinou o domingo fronte ao filial do Osasuna a segunda vitoria da temporada. Os de Munitis non gañaban dende que arrancou a competición.

O Arenteiro, que non pasou do empate a ceros co Teruel, mantense en postos de descenso con seis puntos tras sumar unha vitoria, tres empates e tres derrotas no que levamos de liga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade