O Celta Fortuna cumpre en Teruel (0-2) e mantén a posición de privilexio

O triplo troco de Claudio no descanso resultou fundamental

Antañón fabricou a xogada do primeiro gol e Miguel Román marcou o segundo

G24.gal 19/11/2023 13:59

O Celta Fortuna continúa con paso firme pola 1ª RFEF. Gañou no campo do Teruel sen facer un gran partido pero dando unha sensación de seguridade absoluta desde o primeiro ata o último minuto (0-2). 

No primeiro tempo avisou con catro oportunidades moi claras. Dúas foron do ourensán Hugo Álvarez. Outra de Miguel Román e unha última de Pablo Durán. Enfronte, un equipo con moitos problemas para facer gol (só leva marcados catro) e que tardou máis dunha hora en rematar a portería. 

Claudio Giráldez fixo tres trocos no descanso e un dos xogadores que incorporou, Lucas Antañón, fabricou a xogada do primeiro gol, marcado en propia porta por Sanchís. O número de ocasións diminuiu a partir dese tanto e só había que agardar por un segundo gol que decidise o partido. Chegou a dez minutos para o final e o protagonista foi Miguel Román. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade