O Celta Fortuna queda sen o primeiro posto por un mal inicio de partido
O filial da Real Sociedade marcou dous goles nos primeiros dez minutos
Dani González recortou diferenzas no engadido do segundo tempo
O Celta Fortuna quedou sen o primeiro posto na 1.ª RFEF despois de perder en Barreiro contra a Real Sociedade B e baixo a mirada de Rafa Benítez, adestrador do primeiro equipo (1-2).
O inicio do partido resultou decisivo porque antes do minuto 10 xa gañaba o equipo donostiarra por 0-2, cos goles de Bryan Fiabena e Ekain Azkune.
Alfon tivo a mellor ocasión para recortar distancias antes do descanso, pero o seu lanzamento estrelouse no traveseiro.
O equipo de Claudio Giráldez tiña diante o equipo menos goleado do grupo, e co decurso dos minutos foi pechando todos os camiños celestes cara ao gol. Cando non era a defensa, foi o seu porteiro Gaizka Ayesa respondendo de xeito magnífico unha testada de Javi Rodríguez.
O premio á insistencia chegou no engadido, nunha condución de Fer López, que conectou con Dani González e este enviou á rede. Quedaban só dous minutos para o asubío final, por foi tempo insuficiente para que o Celta B rescatarse un punto e con el o liderado.