Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta, pendente do futuro de Carlos Carvalhal

O Celta, pendente do futuro de Carlos Carvalhal

Carvalhal: "Non me vou a agarrar ao contrato. Se a directiva entende que se terminou, resolvemos isto nun minuto"

Carles Pérez: "Quero quedar, pero non depende de min"

G24.gal 05/06/2023 15:52 Última actualización 05/06/2023 16:04

A continuidade do técnico portugués Carlos Carvalhal no Celta de Vigo para a próxima tempada está no aire, a pesar de que ten contrato ata 2024 e é unha aposta persoal do asesor deportivo do club, Luís Campos.

Na rolda de prensa posterior ao decisivo partido contra o F. C. Barcelona, en que o seu equipo certificou a súa permanencia cun dobrete de Gabri Veiga, foi o propio adestrador portugués o que alimentou as dúbidas sobre a súa continuidade no banco vigués: 

“Os anos de contrato non son o que a min faime quedar nun club. Non me vou a agarrar ao contrato. Se a directiva entende que se terminou, resolvemos isto nun minuto”, afirmou o aínda técnico celeste.

O equipo do Celta xa non se volverá adestrar na cidade deportiva Afouteza ata o inicio do curso 2023-24. Os xogadores, tras celebrar onte á noite a salvación no restaurante que o arxentino Franco Cervi ten na cidade, iniciaron as súas vacacións. Algúns xa non regresarán a Vigo. A sensación no vestiario é que non continuará.

Tamén entre a xente da súa confianza, a pesar de cumprir o obxectivo para o que o recrutou a directiva celeste: 

“Non teño claro se quero seguir, non quero vivir outro ano igual a este”, lanzou o portugués na zona de mixta de Balaídos.

 Carvalhal foise afastando da directiva que preside Carlos Mouriño co paso dos meses.

Pola súa banda, o centrocampista Carles Pérez mostrou o seu desexo de continuar a próxima tempada no Celta, ao que chegou o pasado verán cedido desde o AS Roma: 

“Oxalá poida seguir. Supoño que o primeiro será reincorporarme á Roma, pero a min gustaríame volver ao Celta. Aquí estou como na casa, síntome uno máis. Quero quedarme, pero non depende de min”, afirmou o futbolista formado nas categorías inferiores do F. C. Barcelona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade