Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta segue sendo de Aspas (2-2)

O Celta segue sendo de Aspas (2-2)

Partido frouxo do Celta ata a entrada de Aspas, que revolucionou todo. Gol nada máis entrar, e o segundo despois dun tiro seu

G24.gal 13/07/2024 21:55

Primeiro partido da pretemporada e primeira proba para moitos futbolistas. O Celta saíu co clásico 5-2-3 de Giráldez, con moita profundidade nas bandas, neste caso por parte de Carreira pola dereita e Carles pola esquerda, Ristic como central esquerdo, Carlos e Jailson completaban a defensa. Por diante Hugo Sotelo e Fran Beltrán e arriba Alfon, Douvikas e Bamba. 


A primeira parte foi moi frouxa por parte dun Celta descolocado e cometendo moitos erros. Bamba e Carles a perna natural non encontraban o seu camiño, ao pouco de comezar Ristic marcharía lesionado, e todo se trastornou cando Jailson cometeu un penalti moi evitable e anotou Pavlidis o 1-0. O partido seguiu igual, o Celta non encontraba solucións e o Benfica xogaba con moita tranquilidade, moi fácil, e así chegou o segundo gol. Combinación entre as 3 liñas de defensa do conxunto vigués, balón filtrado a Pavlidis e boa definición do dianteiro. 

A segunda parte comezaba con moitos cambios, un 11 diferente, debutaba Marc Vidal na portería, atrás Javi Rueda, Manquillo, Unai, Starfelt e Hugo Álvarez, mediocampo para Damián e Miguel Román, e arriba Swedberg, Pablo Durán e Cervi. Malia os cambios o partido seguía o mesmo guión, o Benfica moi cómodo e o Celta sen poder combinar, sen encontrar os ocos, ata que entrou o de sempre, O Rei deste Celta. Iago Aspas revolucionou o encontro en 5 minutos, gol dende a frontal da área, e disparo perigoso de Aspas que lle cae a un Pablo Durán que non desaproveitou a ocasión. Nas botas de Aspas estivo a remonta, pero o seu remate foise bicando o pau.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar