Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta xogará ante o Valencia a domicilio nos oitavos de final da Copa do Rei

O Celta xogará ante o Valencia a domicilio nos oitavos de final da Copa do Rei

Será unha eliminatoria a partido único en Mestalla que se xogará o 17 de xaneiro ás 20:00 horas

Foto @RCCelta
G24.gal 08/01/2024 18:21 Última actualización 08/01/2024 21:43

O Celta, único representante dos equipos galegos no sorteo dos oitavos de final da Copa do Rei, xa ten rival. Será o Valencia, pero o partido non se disputará en Balaídos.

Os de Benítez visitarán Mestalla a semana que vén, o 17 de xaneiro (20:00 horas), e a eliminatoria será a partido único. O sorteo deparou que o partido se dispute en Valencia. O último precedente de Copa entre ambos os equipos foi na temporada 16/17, cando aínda se disputaba a dobre partido, e os celestes superaron a eliminatoria.

Os outros emparellamentos son:

-Unionistas-F. C. Barcelona

-Tenerife-Mallorca

-Xetafe-Sevilla

-Osasuna-Real Sociedade

-Valencia-Celta

-Athletic- Alavés

-Atlético de Madrid-Real Madrid

-Xirona-Raio Vallecano

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade