Cargando resultados...
O centro de Navia para persoas con parálise cerebral amplía a súa capacidade
O centro de Navia para persoas con parálise cerebral amplía a súa capacidade
A residencia conta con 15 prazas máis
G24.gal
29/01/2022 21:40
O centro da Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral de Vigo (APAMP) en Navia amplía a súa capacidade con 15 novas prazas ata chegar ás 46.
A Xunta contribuíu no financiamento para a construción desta residencia e posteriormente para a súa ampliación.
Achega un total de 2 millóns de euros ao ano para garantir o funcionamento dos diferentes centros que ten esta organización sen ánimo de lucro.